Blastocystis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Blastocystis sp. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Blastocystis é un xénero de parasitos unicelulares pertencentes a un grupo de organismos coñecidos como Stramenopiles (tamén chamados Heterokonta), entre os que tamén se inclúen certas algas, diatomeas e oomicetos. Blastocystis consta de varias especies que viven no tracto gastrointestinal de especies animais tan diversas como os humanos, animais de granxa, aves, roedores, réptiles, anfibios, perixes e cascudas.[2] Blastocystis presenta unha baixa especificidade de hóspede, e hai moitas especies de Blastocystis que poden infectar os humanos,[3] e segundo a convención actual, calquera das especies pode ser identificada co nome Blastocystis hominis, aínda que xenotipicamente son diversos.
Blastocystis é un dos parasitos humanos máis comúns no mundo e ten unha distribución global.[4][5][6][7] Estudos feitos nos Estados Unidos mostran que é a infección parasitaria máis común nese país, onde estaba infectada aproximadamente un 23% da poboación total no ano 2000.[6][7] En zonas do mundo cun baixo desenvolvemento económico as taxas desta infección chegan nalgúns estudos ao 100%.[4][5] Atópanse taxas altas de infección en países en desenvolvemento nos que moitas persoas traballan con animais.[5][8] Aínda que se adoita dicir que o papel de Blastocystis hominis en doenzas é controvertido, un exame sistemático de estudos de investigación realizados por especialistas en 11 doenzas infecciosas de nove países, atopou que un 95% dos artigos publicados nos 10 anos anteriores identificábano como causante de enfermidade en individuos inmunocompetentes.[7] O estudo atribuía a confusión existente sobre a súa patoxenicidade a que hai portadores asintomáticos, un fenómeno que o estudo sinalaba que era común a todos os protozoos gastrointestinais.[7] Porén, nunca se demostrou que Blastocystis cumprise os postulados de Koch, que probarían que a infección dun indivuduo san por Blastocystis orixina a doenza. O feito de que a ruta da infección por Blastocystis sexa oral-anal indica que os portadores estiveron en contacto con materia fecal contaminada, na que poderían estar incluídos outros patóxenos intestinais que explicarían os síntomas observados. Unha explicación máis probable é a presenza de cepas virulentas e non virulentas e a enorme variabilidade xenética entre as diferentes cepas (ou xenotipos). Ver o artigo sobre xenotipos de Rune Stensvold[9] e o artigo recente sobre o xenoma de Blastocystis[10] que amplía esta diversidade. Recentemente unha teoría alternativa, que sostén que Blastocystis non é en absoluto un patóxeno, viuse reforzada con datos da súa bioquímica.[11][12]
Blastocystis é un dos protistas intestinais máis comúns dos humanos. ... Un estudo recente mostrou que o 100% das persoas de vilas de baixo nivel socioeconómico de Senegal estaban infectadas por Blastocystis sp., o que suxire que a transmisión se foi incrementando debido ao mal saneamento hixiénico, contacto próximo con animais domésticos e gando, e subministrción de auga directa de pozos e ríos [10]. ...
Table 2: Summary of treatments and efficacy for Blastocystis infection
As investigacións parasitolóxicas de grandes poboacións de pacientes raramente se fan en Estados Unidos, a ilusión de estar libres de infeccións parasitarias aínda predomina. Tales investigacións son considerablemente máis comúns en países do terceiro mundo, onde as parasitoses endémicas son documentadas máis rapidamente.1 Nun intento de afrontar este problema informamos dos resultados dun exame de rutina de espécimes fecais buscando parasitos de 644 pacientes nos Estados Unidos durante o verán de 1996. ...
Prevalencia. 916 (32%) dos 2896 pacientes comprobados estaban infectados con 18 especies de parasitos intestinais no ano 2000 (Táboa 1) en 48 estados e o Distrito de Columbia como segue ... Blastocystis hominis era o parasito detectado máis frecuentemente en infeccións únicas e múltiples, e Cryptosporidium parvum e Entamoeba histolytica/E. dispar ocupaban o segundo e o terceiro lugar, respectivamente.
Blastocystis é agora con diferenza a monoinfección máis prevalente en pacientes sintomáticos nos Estados Unidos [14] e atopouse con 28,5 veces máis frecuencia que Giardia lamblia como monoinfección en pacientes sintomáticos nun estudo de 2000 [14].
Figura 4: Prevalencia de IBS e Blastocistose por país